O Centro Comercial Histórico de Viveiro, seguindo ca sua premisa de dar ó cliente as máximas prestacións na realización das suas compras, pon en marcha un novo servizo. “¿Estás buscando algo en concreto e non sabes onde atopalo? Dinos que buscas e atopámolo por ti”. Poñémoste en contacto ca tenda e senón podes vir a buscalo enviámoscho.
Este novo servizo trata de dar ó cliente as máximas facilidades para mercar no comercio local.
Darase unha resposta rápida a calquera consulta sobre un producto ou servizo que o cliente necesite e non saiba onde o pode atopar. Enviaraselle unha relación dos negocios que dispoñen do artigo/servizo que está a buscar e facilitaráselle o contacto cos mesmos.
As consultas poderanse facer ó Centro Comercial Histórico de Viveiro, ben cunha mensaxe na web www.viveirocentro.com no apartado contáctanos, ou ben por mail a info@viveirocentro.com, por whatsapp no 650506717, ou cunha menxase a calquera das nosas redes sociais Facebook, Instagram ou Twitter.
O Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha un novo servizo
TerraChaXa | AMariñaXa
8 Mar 2019