O centro comercial histórico de Viveiro impulsa o comercio local con descontos de ata o 70 %

AMariñaXa
Pon en marcha a campaña Fóra Stocks de Verán-Comercio na Rua dende este martes
mercar-comprar-bolsas-comercio
Foto recurso
20 Ago 2024

Dende o martes día 20 ata o venres 23 de agosto serán máis de 20 negocios participantes os que liquidarán todo o stock de temporada cuns descontos incribles, chegando ata o 70 ou 75 % en varios casos. Trátase de converter a recta final da tempada de rebaixas nunha feira de stock ofrecendo grandes descontos.

Para facelo máis chamativo unha parte dos negocios participantes sacarán os artigos á rúa, colocándoos diante das fachadas dos seus negocios para que a xente poida ollar directamente os produtos e os fantásticos descontos que teñen. A gran variedade de tendas que se suman a esta campaña fan que sexa todo un reclamo para os clientes que poden atopar verdadeiras gangas en artigos de calidade e primeiras marcas. Participan locais de moda, calzado, complementos, infantil, lencería e mercería, xoias, mobles e decoración.

Para aproveitar estas oportunidades animan aos clientes a que se acheguen ata o centro histórico de Viveiro esta fin de semana, paseen polas rúas, desfruten da amplía variedade comercial mercando con fantásticos descontos e de paso desfrutar da hostalaría da vila e da gastronomía. Os locais participantes estarán identificados con chamativos carteis de cor azul e amarelo co nome da campaña. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da liquidación de stocks.

0.18313694000244