O Centiño retoma os escenarios cunha nova obra, A morte morrida

Foz
AMariñaXa
O grupo de teatro O Centiño vén de retomar os escenarios cunha nova representación teatral, A morte morrida. 
morte
20 May 2022

O grupo de teatro O Centiño vén de retomar os escenarios cunha nova representación teatral, A morte morrida. 

Nesta obra abordan o tema da xubilación e da morte conxuntamente, para crear unha mestura que podería semellar macabra, pero que remata sendo divertida. Crispín vén de xubilarse no banco e está deprimido. Non soporta a inactividade da súa nova forma de vida e cre adiviñar que así, sen estímulo para vivir, a morte virá buscalo axiña. Faille a vida imposible a Benilde, a súa muller. Menos mal que o seu amigo Reigosa tenta animalo para recuperar o ánimo.

Será o vindeiro domingo, día 29 de maio, ás 19.00 horas, no local social de Ferreiravella, en San Martiño. A entrada é libre e gratuita para todos os públicos e haberá aforo limitado.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17697787284851