O Centiño de Foz celebrará a súa 5ª gala solidaria

AMariñaXa
O grupo teatral O Centino representa “Cousas de Mulleres” na sala Bahía de Foz. Será o domingo 19 ás 19.00 horas
gala solidaria centino de foz 2021 1
13 Dec 2021

O grupo teatral O Centiño de Foz en colaboración co Concello organizan para o domingo 19 de decembro ás 19.00 horas unha Gala Solidaria.

Nesta Gala, que chega a súa quinta edición, actuarán o grupo Axóuxeres, de Vilaronte, representando a obra Cousas de Mulleres e tamén haberá un monólogo Luis Miguel Yáñez do grupo de teatro Raiolas de Alfoz.

Esta gala será na Sala Bahía de Foz con entrada gratuíta e aforo limitado, e as entradas pódense reservar no 677 435 148. Ademais no descanso recolleranse as doazóns para Cáritas.

gala solidaria centino de foz 2021
0.10424208641052