O Cenima en Foz acolle a exposición 'Don Ricardo de Fingoi'
A Concellería de Normalización Lingüistica de Foz anuncia a exposición Don Ricardo de Fingoi proposta para homenaxear ao autor co que se celebrou as Letras Galegas 2020.
Estará disponible esta magnífica exposición a partires do 5 de outubro no Cenima en Foz, e contará cun amplo programa de celebracións para celebrar a inmensa obra de Carvalho Calero, que se conmemorará este ano o día 31 de outubro, estaba pendente de desenvolver polo Concello de Foz, mais quedará limitado pola situación sanitaria.
A exposición de Foz permitirá tamén conmemorar o día Europeo das Linguas. Esta homenaxe é para o que foi unha voz clara coa que partillamos por que como decía o Profesor Carvalho Calero: hai que esperar contra toda esperanza. Porque mentres non decidamos suicidarnos como povo temos que confiar na posibilidade de rectificar a historia e a historia, por suposto, ten que ser rectificada. Esperanza que aplicamos a situación da Fábrica de Aluminio da Mariña, e unha rectificación que bem podía efectuar a RAG e a Xunta de Galiza ampliando o ano Carvalho Calero ao 2021.