O Cenima de Foz mantén dúas exposicións e mostra os encantos da Mariña
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
27 Aug 2019
O Centro de Interpretación da Mariña, Cenima, é unha das principais sás de exposicións da comarca, ademais de albergar a oficina de turismo de Foz que funciona a modo de escaparate, mesmo con imaxes virtuais, da comarca da Mariña.
Dende mediados de agosto e ata o día 31, calquera que visite o Cenima, na céntrica Avenida Riveira de Foz, pode pasearse entres as instantáneas do fotógrafo Julio Noche na mostra titulada 'Luces y sombras'.
Ata o 31 de agosto pódese ver tamén a mostra sobre Manuel Rodríguez López, un emigrante galego que foi poeta obreiro.
A exposición sobre o poeta recolle en oito paneis diversos aspectos da vida e obra do escritor de Paradela. A mostra forma parte do proxecto que GaliciaDigital e a familia do escritor emprenderon en 2012, co apoio dos concellos de Paradela E Lugo, Deputación de Lugo e da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Manuel Oreste Rodríguez López naceu en Paradela (Lugo) en 1934. Con só seis años emigrou cos seus pais a Barcelona, onde vivíu a meirande parte da súa vida. En 1987 volveu a Galicia ata que finou en Lugo. Está considerado o mellor poeta obreiro do século XX en Galicia. A mostra estará na Biblioteca Nodal da Coruña a partir do 16 de setembro.