O Cenima de Foz conta cunha pantalla na que se poden visualizar fotografías antigas

Foz
AMariñaXa
O Concello de Foz vén de poñer en marcha unha nova aplicación no Cenima, unha pantalla na que se poden visualizar fotografías
Foz CHEMA LINARES COA NOVA PANTALLA INSTALADA NO CENIMA
21 Dec 2021

O Concello de Foz vén de poñer en marcha unha nova aplicación no CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña), que se une ás xa existentes, como a de realidade aumentada patrimonial ou de recreación histórica. Denomínase O paso do tempo con intelixencia artificial, unha pantalla na que se poden visualizar as fotos que estiveron expostas no CENIMA antes da creación da Oficina Virtual de Turismo e  onde se reviven momentos do pasado a través de escenas cotiás e os ambientes de Foz en décadas pasadas, anuncia o concelleiro de Turismo Chema Linares.

O edil explica que “esta aplicación foi realizada por Ilux Virtual Tegnology, a mesma empresa que fixo o proxecto de A Mariña Virtual e que se encarga do mantemento e asistencia técnica en todas as aplicacións. Tratamos así de recuperar, conservar e preservar o noso patrimonio inmaterial, onde podemos ver imaxes do noso pobo, da nosa xente, que foron melloradas grazas a procesos baseados en intelixencia artificial e redes neuronais”.

Chema Linares engade que “esta actuación estamos seguros que vai gustar a todos os veciños, aos que animamos a visitar A Mariña Virtual e súas aplicacións. E únese a outras previstas, como a reparación e mellora das fotos expostas enfronte da Casa da Xuventude”.

0.16154408454895