O Cenima de Foz acolle unha mostra sobre as viaxes transoceánicas

AMariñaXa
A Concellería de Patrimonio e Mar do Concello de Foz trae a exposición Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV – XVII.
inventio mundi foz cenima 1
1 sep 2021

A Concellería de Patrimonio e Mar do Concello de Foz trae da mao do Consello da Cultura Galega a exposición Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV – XVII.

En 2019 conmemorouse o quinto centenario da saída da expedición Magalhães/Elcano que completaría a primeira circunnavegación do planeta. A exposición Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV-XVII amosa as consecuencias que aquela formidable viaxe tivo para Galicia.

Deu ao vello Reino da Galiza unha oportunidade de aproveitar a súa situación nas rutas atlánticas, as vantaxes dos seus portos e a tradición dos seus mariñeiros. Os Reis Católicos descartaran Galicia como núcleo da Carreira das Indias, pero os poderosos galegos aspiraban a ter parte nese xigantesco negocio.

A Casa da Especiaría da Coruña foi un soño breve, pero deu a Galicia un notable protagonismo que tamén se debe celebrar.
A exposición chega a Foz o día  03 de setembro á Sala de Exposicións do CENIMA ata o día 15 de outubro.

Unha oportunidade para todolos interesados en coñecer po relevamte papel da Galiza nas viaxes transoceánicas.

inventio mundi foz cenima
0.21379208564758