O cemiterio parroquial de Burela xa conta con alumeado gracias á recadación por parte de varios veciños
O cemiterio parroquial de Burela xa conta con alumeado gracias á recadación por parte de varios veciños. Así, conseguiron recadar fondos para cambiar o alumeado por un de baixo consumo.
Dende hai anos as luces do cemiterio estaban apagadas durante a noite, por iso os veciños cren que cambiando as luminarias por unhas de tecnoloxía Led, o custos de mantelas acendidas era asumible para a parroquia.
Segundo os veciños "finalmente o custo da obra foi de 910 euros xa que houbo que cambiar tres tulipas que estaban moi deterioradas e unha lámpada".
Conseguimos recadar 1.225 euros polo que agora contan cun remanente de 315 euros e seguen a recadar cartos para "seguir mellorando a infraestrutura, como é a rehabilitación do muro lateral do cemiterio pois está en moi mal estado".