O Cembedo de Viveiro suma dous ouros en Oleiros

O club O Cembedo de Viveiro continúa a levar ao máis alto o bádminton. O sábado 18 dous xogadores do equipo participaron no Galicia Top TTR Senior de Oleiros, subindo ao máis alto do podio.
Marta Castro fíxose cun ouro no dobre mixto C2-D xunto a Javi Galicia do Club Athlos de Ourense, así como tamén o conseguiu Iván Suárez no dobre masculino B1-B2 xunto a Alfonso Castelo do Bádminton Club Coruña
As vindeiras citas para o club serán en xuño, por terras asturianas, últimas probas preparatorias para o Campionato de Europa Sénior, ao que acudirá Marta Castro, e que terá lugar en Bélxica a finais de agosto.