O CEIP Virxe do Carme de Burela, escenario dun puzzle xigante de máis de 30.000 pezas

AMariñaXa
O centro acolle o Reto Panush 2024, unha actividade que terá lugar no pavillón os días 19 e 20 de outubro
2-CEIP-Plurilingüe-Virxe-do-Carme-de-Burela
4 Out 2024

O CEIP Virxe do Carme a será o escenario do Reto Panush 2024, unha actividade que terá lugar no pavillón do centro os días 19 e 20 de outubro. O evento consistirá na montaxe dun puzzle xigante de 30.200 pezas, de Jan Van Haasteren, e nun concurso de puzzles por equipos. A montaxe do crebacabezas xigante comezará o sábado 19 ás 10:00 horas, mentres que o concurso de puzzles por equipos terá lugar o domingo 20 a partir das 11.00.

As prazas son limitadas, polo que será necesario inscribirse nas páxinas webs doctorpanush.com para o reto e aepuzz.es para o concurso. Ademais, pódese solicitar máis información a través do correo electrónico hola@doctorpanush.com. Mario Pillado, tenente de alcalde e concelleiro de Educación e Mocidade, expresou a súa satisfacción por acoller esta actividade, sinalando que "é un pracer traer algo diferente que conta con moitos seguidores tanto en Burela como na comarca".

Ademais, destacou o carácter familiar e interxeracional do evento, que combinará cooperación e competición, atraendo afeccionados aos puzzles de toda a zona. Lina Gómez, concelleira de Cultura, subliñou que este reto é "unha oportunidade para reunir á veciñanza que adoita desfrutar desta actividade na casa, pero agora nun formato máis grande". Tamén resaltou o valor da actividade para fomentar a creatividade, a concentración e o traballo en equipo.

0.2049081325531