O CEIP San Miguel de Reinante de Barreiros recibiu o premio do certame Cooperativismo no Ensino

AMariñaXa
O CEIP San Miguel de Reinante de Barreiros gañou o premio ao mellor traballo da categoría de terceiro e cuarto de Educación Primaria
CEIP SAN MIGUEL barreiros CERTAME COOPERATIVISMO NO ENSINO
17 Xuño 2022

O certame escolar estivo aberto á participación de centros de infantil, primaria, secundaria, educación especial, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.

O colexio mariñán CEIP San Miguel de Reinante de Barreiros recibiu no centro cultural Colexios Vellos da localidade o dobre recoñecemento polos traballos Cooperativa 3D, do alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, e Tecendo a cooperativa, de 5º e 6º de Primaria, ambos na modalidade de actividades artísticas. No primeiro caso deseñaron un logo en tres dimensións e no segundo servíronse de teas nas que bordaron palabras sobre os valores que inspiran o  cooperativismo.  

O Certame cooperativismo no ensino pretende difundir o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria, educación especial, formación profesional e ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.

O colexio de San Miguel de Reinante comparte os galardóns deste ano con outros cinco colexios e institutos de Galicia: o CEIP de Laredo, en Redondela; o CEIP de Abanqueiro, en Boiro; o CEIP de Domaio, en Moaña; o Centro de Educación Especial Aceesca no Porriño e o IES de Valadares, en Vigo. 

0.19379305839539