O Ceip Juan Rey de Lourenzá organiza a súa festa de 50 aniversario
O Ceip Juan Rey de Lourenzá, na localidade natal de Francisco Fernández del Riego, prepara para o vindeiro domingo 17 de decembro un xantar polo seu 50 a aniversario. Ademais, haberá unha exposición de fotos deses 50 anos e unha actuación musical.
Esta cita será no multiúsos Ponte de Cuñas ás 14.30 horas e como menú poderase degustar mexillóns ao vapor, pescada en salsa de marisco, solombo de porco con cogomelos, pan, sobremesa, café, viño, cervexa, auga, refrescos e licores, e todo elo por un prezo de 35 euros adultos e 17,50 para os cativos ata 9 anos.
A idea desta cita é reunir a antigos alumnos e profesores que representen ás diferentes xeracións deste centro de ensino que botou a andar no ano 1973.
Así, convidan a todas as persoas que traballasen alí, aínda que non sexan directamente do corpo docente, porque a idea é reunir o maior grupo posible de persoas vinculadas ao centro de ensino.