O Ceip Gregorio Sanz, de Ribadeo, organiza unha xornada de portas abertas

AMariñaXa
O CEIP Plurilingüe Gregorio Sanz, de Ribadeo, celebrará o seu 50 aniversario cun acto conmemorativo no auditorio municipal
22 Feb 2024

O Ceip Plurilingüe Gregorio Sanz, de Ribadeo, organiza unha xornada de portas abertas o vindeiro luns, 26 de febreiro, a partires das 16.00 horas.

A directora do centro, Lourdes Marqués, convida a participar das xornadas de portas abertas o día 26 de febreiro: “co obxecto de dar a coñecer as instalacións, recentemente feita a reforma integral, o amplo espazo verde co que contamos ou os servizos educativos complementarios (comedor e transporte), así como algúns dos aspectos pedagóxicos que se ven reflectidos nos plans e proxectos nos que estamos inmersos. Ademais da estreita colaboración coa Anpa, que ofrece diversas actividades extraescolares así como o programa madrugadores”.

O Gregorio Sanz conta con comedor e transporte escolar, tardes na biblioteca, servizo de madrugadores desde as oito da mañá e actividades extraescolares, organizadas pola Anpa.

Os proxectos de innovación nos que está inmerso o Ceip Plurilingüe Gregorio Sanz, de Ribadeo, son: AbalarMóbil, Edixgal, Polos creativos, Patios inclusivos, Plan Proxecta (que se desenvolve en diferentes modalidades como: paisaxe e sustentabilidade, nutriescolas e recíclate con Sogama), Voz Natura (que conta con horto escolar), Plambe, Biblioteca inclusiva, Plurilingüismo, Auxiliar de conversa, Programa Proa +, Programas Innova e Inclúe e Digicraft.

Do 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo de admisión no Gregorio Sanz, de Ribadeo. O horario de secretaría é de 9 a 15 horas.

0.10108590126038