O CEIP de Cervo está a participar nun proxecto común con centros educativos da península
O CEIP de Cervo está a participar nun proxecto común con outros centros educativos da península dentro do programa do Ministerio de Educación 'Agrupacións de Centros Educativos'.
Este proxecto favorecerá a educación inclusiva e a innovación educativa dos centros CEIP Arias Montano de Badaxoz, CEIP Antonio de Ulloa de Cartaxena e do do CEIP Doctor Juan Espino Sánchez das Palmas.
O traballo común, para o que resultou seleccionado o CEIP de Cervo, e que arrincou cunhas xornadas de acollida de coordinación neste centro escolar, desenvolverase durante este curso e o seguinte, e ten entre os seus obxectivos favorecer a educación inclusiva e a innovación educativa, impulsando intercambios entre os centros.
O rexedor cervense, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, aproveitaron a ocasión para felicitar ao CEIP de Cervo por ser un dos centros seleccionados para formar parte deste innovador programa "que vén engrosar o nutrido currículo educativo deste colexio que é todo un referente no seu ámbito".