O CCHV remata o mes cun balance moi positivo
O Centro Comercial Histórico de Viveiro fai unha valoración moi positiva das accións emprendidas no mes de marzo e traballa xa na organización das campañas de dinamización para os próximos meses.
No mes de marzo puxéronse en marcha varias iniciativas dende o CCHV. Iniciaron o mes coa campaña de Fora Stocks, cun resultado de ventas extraordinario; continuaron co sorteo de 1.500 euros en premios na campaña do Día do Pai, cun éxito de participación moi elevado, e finalizaron cunha campaña posta en marcha fai uns días na que os envíos realizados nos meses de marzo, abril e maio, tanto á Mariña como a Ortegal serán gratuítos.
"Pretendemos con esta iniciativa facilitar as compras de tódolos clientes, que por un motivo ou outro non se poden achegar a Viveiro a mercar, ou simplemente por comodidade", explican.
Por un lado está enfocado á venta a través das redes sociais ou as webs, se un cliente ve algo que quere mercar nalgunha das redes dos negocios asociados o envío sairalle gratuíto.
Por outro lado, está enfocado a dar un servicio postventa a aqueles clientes que veñen a mercar a Viveiro e non poden levar nese momento o que queren, ben porque non hai talla, número, o artigo está esgotado e hai que pedilo ou se trata dun arranxo. Nestes casos enviaráselles gratuitamente no momento en que o produto estea dispoñible.
Estamos seguros de que esta iniciativa terá moi boa acollida, facilitará o proceso de decisión de compra dos clientes das localidades veciñas e axudará a afianzar un servizo máis que presta o comercio local.
EXPOSICIÓN
Este ano, debido á pandemia da covid, a Semana Santa de Viveiro será diferente. O comercio colabora en manter viva esta tradición deixando un oco nos seus escaparates vestimentas e outras signos representativos desta celebración en Viveiro.
DÍA DO PAI
O CCHV anunciou os gañadores da campaña do Día do Pai. Os premios consistían en cinco caixas sorpresa Experience Comercio Local e outras cinco caixas sorpresa Experience Gastronomía local, por un valor total de 1.500 euros. O factor sorpresa dos premios levantou expectación.
Os agraciados das cinco caixas Experience Comercio Local foron:
- Carmen Franco, cun tícket de Paquetería Nuria
- Toñita Rouco Mendez, cun ticket de Supermercado Covirán La Ria
- Heidy Nuñez, cun ticket de Albo Zapaterías
- Sabela Taboadela Pernas, cun ticket de Peluquería Richard xFavor
- Noa Vidal Gallardo, cun ticket de Cocolatte
Os agraciados das cinco Caixas Experience Gastronomía Local foron:
- Pedro Piñeiro, cun ticket de Africa Copias
- Carmen Teijeiro Nebril, cun ticket de Cocolatte
- Ana López Peña, cun ticket de Librería Porta da Vila
- Dolores Barro, cun ticket de Pastelería Fontenova
- Teresa Ribeiro Travieso, cun ticket de Van Surf