O CCHV muda de directiva con Andrea Porbén como presidenta
Unha nova directiva toma o relevo na Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro. Esta xunta está formada por representantes de distintos sectores, comercio, hostalaría e servizos.
Despois de cumprir todos os prazos establecidos para a presentación de candidaturas, información aos negocios asociados e posibles alegacións, xa poderán tomar posesión nos cargos nos próximos días.
Os novos membros tratarán de dar continuidade á única asociación de comerciantes que existe na área urbana de Viveiro, e os seus obxectivos iniciais pasan por seguir ca boa labor que se viña realizando para tratar de dinamizar o sector comercial de Viveiro.
Segundo indica a nova directiva “nos tempos actuais, necesitamos unirnos para crear unha asociación forte, comprometida co seu entorno, seguir sendo unha praza comercial punteira na comarca e traballar unidos para mellorar o atractivo comercial e o poder de atracción da zona. Afrontamos este novo reto con ilusión, responsabilidade e moitas moitas ganas de traballar polo ben común dos negocios de Viveiro”.
Nos próximos días iniciarán as primeiras xuntanzas para elaborar unha ruta de traballo, acordar as próximas campañas e actividades, e intentar ampliar o número de negocios adheridos ó colectivo.
Os novos cargos son, como nova presidenta será Andrea Porbén, o vicepresidente será, Saúl Jimenez, a secretaria, Cristina Rodríguez, a tesoureira, Lara Fernandez, e os vogais serán Sara Fernández, Graça Gonçalvez, Belkis Altagracia e Gabriel Doce.