O CCH de Viveiro pon en marcha a campaña Fora Stocks de Verán
O Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha a campaña Fora Stocks de Verán e aposta unha vez máis por impulsar as compras no comercio local.
Dende o xoves día 17 ata o sábado 19 de Agosto serán máis de 20 negocios participantes os que liquidarán todo o stock de temporada cuns descontos incribles, chegando ata o 70 ou 75% en varios casos. Trátase de converter a recta final da tempada de rebaixas nunha feira de stock ofrecendo grandes descontos.
Para facelo máis chamativo unha parte dos negocios participantes sacarán os artigos á rúa, colocándoos diante das fachadas dos seus negocios para que a xente poida ollar directamente os productos e os fantásticos descontos que teñen.
A gran variedade de tendas que se suman a esta campaña fan que sexa todo un reclamo para os clientes que poden atopar verdadeiras gangas en artigos de calidade e primeiras marcas. Participan locais de moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería e mercería, xoias, mobles e decoración, artigos para o fogar e floristerías.
Para aproveitar estas oportunidades animamos ós clientes a que se acheguen ata o Centro Histórico de Viveiro esta fin de semana, paseen polas nosas rúas, desfruten da amplía variedade comercial mercando con fantásticos descontos e de paso desfrutar da hostalaría da vila e da nosa gastronomía.
Os locais participantes estarán identificados con chamativos carteis de cor azul e amarelo co nome da campaña. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da liquidación de stocks.