O CCH de Viveiro e PRATO_DO promocionan os cine entre a comunidade educativa
A Asociación de comerciantes Centro Histórico de Viveiro leva tempo colaborando, participando e promovendo diversas iniciativas en apoio á cultura, ao deporte e á arte como complemento a un centro comercial vivo e aberto ás persoas. Nesta ocasión continúa a apostar polo cine como unha peza clave desa diversidade e de aí a súa implicacion co mantemento da actividade dos Cines Viveiro.
A Asociación PRATO_DO ven realizando cantidade de accións diversas dirixidas á comunidade educativa co obxectivo de que nenas e nenos vivan experiencias imprescindibles para o seu futuro na súa propia vila. Viveiro Sostible é o proxecto deseñado para avanzar no compromiso co desenvolvemento sostible das vindeiras xeracións de Viveiro.
Asi é que ambas entidades unen as súas forzas de novo a Cines Viveiro para agasallar un vale de desconto para esta fin de semana por valor de 2 euros para todas as nenas e nenos. O desconto terá validez tan só para esta fin de semana (15 e 16 de outubre) con opción de disfrutar 3 pelíiculas de animación e aventuras a elexir, “Los Buscamundos”, “El Colegio de los animales mágicos” e “Tadeo Jones 3”. Estes vales serán entregados nos colexios da zona para que cheguen directamente ós nenos, CEIP Pedrosa Latas de Celeiro, CEIP Landro, EEI San Roque, CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo, CEIP Plurilingüe de Covas e o CEP Lois Tobío.
O desconto é non acumulable e será directo ó presentar o vale en taquilla, pero tamén se pode canxear previamente ó comprar a entrada online en www.cinesviveiro.com co código CINE4, este sistema é moi rápido e sinxelo e evita as colas na entrada do cine.
“O cine volve a estar en funcionamento con proxeccións de películas tódalas fins de semana, estreas moitas delas ao tempo que se estrean na cidade e que podemos desfrutar aquí ó ladiño da casa e que podemos aproveitar para vivir “experiencias” xunto ós nosos.” comenta Isabel a xerente do centro comercial.