O CCA de Foz edita unha lámina que recolle a historia dos barcos antigos

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Con fins solidarios ven de editarse e presentarse unha lámina, da que é autor o profesor Antón Niñe, que recolle a historia dos barcos antigos que operaron no porto de Foz durante pasado século XX.
PROGRAMACIONNADAL2018
13 Aug 2020

Con fins solidarios ven de editarse e presentarse unha lámina, da que é autor o profesor Antón Niñe, que recolle a historia dos barcos antigos que operaron no porto de Foz durante pasado século XX. A iniciativa é financiada polo Centro Comercial Aberto focense.

En total son 500 láminas, unha parte será distribuída entre os comercios asociados: “200 láminas vanse repartir entre os nosos asociados e asociadas, que as porán á venda ao prezo de 5 euros. O que se recade será destinado a Cáritas para a vindeira campaña de Nadal”, explicou José Carlos Paleo, presidente de Acia/CCA de Foz.

Outras 200 láminas serán doadas á directiva do Museo do Mar, de Foz. Paleo sinala que “o que se recade neste caso irá para financiar os fondos desa instalación, do Museo do Mar”.

O presidente do Centro Comercial Aberto de Foz conta que “cando falamos con Antón Niñe pareceunos interesante elixir o camiño da solidariedade para esta iniciativa, que xurdiu coa idea de recuperar a historial local e a importancia que tivo hai moitos anos o porto de Foz, así como a industria que xirou ao seu arredor, como as conserveiras, as fábricas de madeira ou os asteleiros”.

Antón Niñe dixo que “o mar de Galicia xogou un papel importante no comercio marítimo español, tanto na actividade pesqueira como de cabotaxe. E Foz non foi alleo a esta actividade, de aí que a súa identidade ten fondas raíces marítimas. O tráfico de cabotaxe, desaparecido hoxe do noso porto, é un dos aspectos marítimos nos que a nosa vila destacou no século XX. Entraba aquí un considerable número de buques con mercadorías de todo tipo, saíndo de novo con madeira colocando a Foz como importante exportador da provincia”.

O profesor Niñe subliñou que “os barcos do noso porto foron os embaixadores da nosa vila ao longo do século XX, desde Bidasoa ata o Miño, navegando polas augas do Cantábrico e as do inmenso Atlántico”.

Os barcos que figuran na lámina son: Avelino, Electra del Masma, Espiñeira-Mondoñedo, Adela López, Sofía López, San Lorenzo de Foz, Rosalina, Justina, Recalde ou Marita.

O acto de presentación tivo lugar este mediodía no Cenima en Foz. No mesmo participaron o alcalde focense, Fran Cajoto; o autor da lámina, Antón Niñe; e o presidente de Acia/CCA de Foz, José Carlos Paleo. Asistiron representantes da asociación Museo do Mar e tamén o concelleiro de Mar, Francisco Fanego.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17743301391602