O Castro de Vilaronte acolle unha gala de teatro solidario

Foz
TerraChaXa | AMariñaXa
13 Xan 2021

O local da Asociación Cultural O Castro, de Vilaronte, acollerá a representación da obra titulada Vaia faena, a corentena, do grupo de teatro O Centiño, de San Martiño. Será o vindeiro sábado, 16 de xaneiro, ás 20.00 horas.

A entrada será de balde, con aforo limitado, e farase unha recollida de donativos e alimentos que se entregarán a Cáritas. As persoas interesadas en asistir poden reservar as súas localidades no teléfono 636.664.210.

O evento está organizado pola Asociación Cultural O Centiño e a Asociación Cultural O Castro.

 

0.10074710845947