O Castelo de Castro de Ouro estará aberto en Semana Santa

AMariñaXa
Os días 14, 15, 16 e 17 de abril estará aberta ao público a OIT de Alfoz situada no Castelo de Castro de Ouro
CasteloCastrodouro alfoz
10 Abr 2022

Os días 14, 15, 16 e 17 de abril estará aberta ao público a OIT de Alfoz situada no Castelo de Castro de Ouro en horario de mañá 10.30 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas.

Poderase visitar o Castelo e disfrutar das magníficas vistas desde o alto da torre, así como as exposicións das Antigas Escolas Unitarias, Pintura de Hipólito Xeada e Fotografías do II Concurso Alfoz en primavera.

Lembramos a disponibilidade de realizar a visita ao Castelo a través das Audioguías Teatralizadas que estarán dispoñibles en versión galega e castelá. Así como dispoñer de toda a información turística do Concello de Alfoz e a súa bisbarra na Oficina de Información Turística.

0.1929178237915