O Castelo de Alfoz organiza un espectáculo de narración para nenos sobre Luísa Villalta

AMariñaXa
Continúa coa oferta cultural para a cativada.
5 Maio 2024

Continúa coa oferta cultural para a cativada. Desta vez, organizan unha homenaxe á vida e obra de Luísa Villalta da man de Raquel Queizás que fará un repaso pola historia desta autora dende unha perspectiva ben divertida.

A proposta baixo o nome de As chaves de Lu, terá lugar o venres 10 de maio a partir das 12.00 horas no salón de actos. Trátase dun espectáculo de narración oral coa que se enxalza a esta figura que loitou pola defensa do ensino público e da educación como espazo de liberdade e corrección das desigualdades.

0.19211006164551