O Castelo de Alfoz e Veciños de Mor preparan un magosto

AMariñaXa
A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo en colaboración co Concello e a Deputación de Lugo organiza un magosto
castañas
castañas
4 Nov 2023

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo e a Asociación de Veciños de Mor en colaboración co Concello de Alfoz e a Deputación de Lugo organiza un magosto para o vindeiro 11 de novembro.

A celebración será no pavillón municipal ás 21.00 horas e contará cun menú a base de chourizo, lacón asado, pan, viño, castañas e café, e todo elo por un prezo de 12 euros para socios e 15 para os que non o sexan. Ademais haberá música en directo amenizando toda a xornada festiva.

Para asistir poderase reservar chamando a 657 109 592 ou 603 895 753.

magosto asociacion O castelo Alfoz 2023
0.11093282699585