O candidato popular por Barreiros presentou a lista na que renova o 35% dos seus integrantes
A candidato á alcaldía de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, adiantou no mitin organizado polos populares en dita localidade, que se revalida o seu cargo, logo de obter o apoio necesario na urnas para volver a gobernar outros catro anos, “manteremos os servizos que vimos prestando, realizaremos os investimentos necesarios para mellorar a calidade de vida e recuperaremos a imaxe danada polo bipartito”.
Deste xeito, o cabeza de lista amosou a súa satisfacción por concorrer de novo a estes comicios, destacando que a súa única vontade é a de “seguir servindo aos seus veciños”, ademais de “dar resposta ás súas peticións e impulsar medidas que permitan consolidar os proxectos xa iniciados durante os mandatos anteriores”.
Para elo, Alfonso Fuente Parga deseñou unha candidatura, que cualifica de “a mellor para Barreiros”, e da que renova o 35% dos seus integrantes. Concretamente, as novas incorporacións prodúcense nos postos catro, sete, oito, nove e once. A lista ao completo é a seguinte:
- José Alfonso Fuente Parga
- José Manuel Gómez Puente
- Lorenzo Penabad Bolaño
- Álvaro Daniel Navia Ferreira
- María del Mar Sante García
- Adrián Blanco Pérez
- Lorena Fernández Redondo
- Juan Carlos Díaz Varela
- José Manuel Álvarez García
- Sonia Piñeiro Rúas
- María Teresa Maradona Bermúdez
Suplentes:
- Nuria López Morado
- José Otero Méndez
- Concepción Fernández Iglesias