O candidato popular, Alfonso Villares, presentou o equipo que o acompañará para concorrer ás eleccións municipais
O candidato popular, Alfonso Villares, presentou o equipo que o acompañará para concorrer ás eleccións municipais do próximo 28 de maio. Unha candidatura composta por vinte veciños e veciñas “con moita ilusión, forza e iniciativa para seguir traballando por e para Cervo, por e para cada un dos veciños do noso Concello os próximos catros anos”.
Villares volve rodearse do equipo ao completo que o acompañou nos anteriores comicios do 2019, “con acreditada experiencia e capacidade de traballo” e incorpora a catro veciños, Adrián Arias Díaz, Inoa Pardo Mariño, David Manuel Mon Pampín e Alfredo Ben Quelle, “con moitas ganas, ideas renovadoras e proxectos de futuro para Cervo”, perfectamente coñecedores da realidade do noso Concello.
Así o explicou o candidato popular, que remarcou “mantemos o mesmo equipo que fai catro anos e incorporamos caras novas, dá gusto contar con xente nestes tempos con tanta ilusión e ganas de participar na política e de facer que o noso concello siga prosperando”.
A candidatura completa é a seguinte:
- Alfonso Villares Bermúdez
- Dolores García Caramés
- Manuela Méndez Álvarez
- Adrián Arias Díaz
- Alfredo Antonio Fernández Casas
- María Concepción Pilar Armada Carrete
- David Rodríguez Pernas
- José Manuel Balseiro Orol
- Inoa Pardo Mariño
- María Isabel Rivas Pernas
- David Manuel Mon Pampín
- Carmen Fernández Polo
- Alfredo Ben Quelle
- Diego Campo López
- Yolanda Pedreira Cruz
- José Antonio Gallego Rodríguez
- Inés Cobas Balseiro
- Denise Galán López
- Plácido Pérez Otero
- Antonio Basanta Fernández