O candidato de Sumar pola provincia de Lugo comprometeuse a defender as principais reivindicacións do Porto de Celeiro

AMariñaXa
O candidato de Sumar pola provincia de Lugo comprometeuse a defender as principais reivindicacións do Porto de Celeiro
aspanane sumar viveiro 2023
14 Xul 2023

O candidato de Sumar pola provincia de Lugo, José Antonio Rodríguez Añón,  mantivo unha reunión con representantes do grupo Porto de Celeiro, na que se debateron ideas e propostas con José Novo e Eduardo Míguez, Presidente e Adxunto á Dirección de Porto de Celeiro, respectivamente.

O candidato comprometeuse a trasladar e defender onde sexa preciso as principais reivindicacións deste colectivo, tan esquecido nas políticas pesqueiras nacionais e autonómicas, co fin de perseguir un futuro esperanzador e sostible para o sector da pesca.

Posteriormente Rodríguez Añón tivo unha xuntanza moi amena e construtiva cos e coas responsables da asociación Aspanane. Durante a reunión a directiva e a xerencia de dita asociación trasladáronlle ao candidato de Sumar a que foi súa principal demanda durante estes últimos anos: a necesidade urxente da construción dun centro asistencial, que final e tristemente non se realizará no concello de Viveiro, senón en Xove.

"Desde Sumar proclamamos que unha sociedade que non aposta por axudar a quen necesitan un trato máis amable e cercano non ten futuro. En Sumar poñemos no centro os dereitos das persoas máis vulnerables; ninguén pode quedar atrás no avance dunha sociedade cara o estado do benestar, polo que a cidadanía debe ser consciente de que hai determinadas necesidades que precisan ser cubertas e atendidas con sensibilidade e dilixencia e con carácter prioritario", dixo.

Como colofón, José Antonio acudiu á mesa redonda celebrada no Concello de Viveiro sobre Feminismo e inmigración, desmontando bulos, defendendo dereitos.
Desde Sumar “sempre imos impulsar un feminismo aberto, dialogante e integrador, que amplíe dereitos para todo o mundo, o feminismo beneficia á sociedade no seu conxunto. Cómpre unha transformación que permita que cada muller poida vivir con plena igualdade e dignidade. O feminismo é a ferramenta que permite derrubar barreiras e construír un futuro de equidade e xustiza para todas as persoas.”

0.16592884063721