O candidato de Sumar escoitou as reinvidicacións dos Bombeiros da Mariña e da Asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro
O candidato ao Congreso por Sumar, José Antonio Rodríguez Añón, visitou aos Bombeiros da Mariña e cá Asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro, ante o abandono por parte das institucións.
Rodríguez Añón escoitou con especial interese e preocupación as reinvidicacións do Corpo de Bombeiros da Mariña, que neste momento se atopan en loita debido, entre outros motivos, ás xornadas de traballo abusivas e perigosas ás que se ven sometidos, á falta de apoio e compromiso dos diferentes gobernos local, provincial, autonómico e central, ademais dunhas remuneracións non acordes co traballo e a responsabilidade diarios, xunto coa falta de material laboral adecuado e as carencias de persoal que garantan unhas condicións laborais acordes coa responsabilidade e perigosidade que esta profesión leva aparelladas, polo que o noso candidato agradece "o traballo e o compromiso destes e destas profesionais, que velan pola nosa seguridade a diario e merecen todo o noso apoio e respecto. A sociedade non pode mirar para outro lado ata que necesita da súa axuda. Hai que atender as súas demandas e necesidades, que tamén son as nosas.”
Durante a xuntanza coas e cos comerciantes e profesionais da Asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro, tratáronse temas de grande importancia, estando no centro do debate as iniciativas encamiñadas a mellorar as infraestruturas, desde unha planificación de novos trazados na rede viaria ata o máis prioritario, e que é unha das apostas do programa de Sumar: o desenvolvemento dunha rede ferroviaria moderna que conecte Lugo, e de forma particular A Mariña, co eixo atlántico e Santiago de Compostela.
Xurdiron ademais durante a charla outros vellos problemas que requiren dunha axeitada atención, como o encarecemento da vivenda en Viveiro e na comarca da Mariña, a necesidade dun Plan Xeral de Ordenación Municipal sostible e con miras de futuro na cidade, e melloras imprescindibles no casco histórico.
En palabras de Rodríguez Añón, “as e os comerciantes de Viveiro demostran ter unha visión solidaria, intelixente e de futuro do sector, e necesitan un firme respaldo por parte das diferentes administracións.”