O campamento de verán da Pontenova será en xullo e agosto
O campamento de verán da Pontenova, que organiza o Concello, comezará o 26 de xullo e durará ata o 6 de agosto, ambos inclusive.
Nel, os rapaces poderán ir de excursión e participar en xincanas, variados obradoiros, facer todo tipo de deportes, ademáis de desfrutar das marabillas do Concello.
Os nenos estarán no campamento de 10.00 a 14.00 horas e estará adaptado á normativa frente á covid19. A actividade en principio está prevista para idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos e convén apuntarse porque hai límite de 50 prazas.
Os pais ou rapaces que estean interesados en inscribirse poden facelo na Casa do Concello ou chamando ao teléfono 982 342 277, ata o 20 de xullo.
Os empadroados no concello pagarán 20 euros polo campamento e os que non o estean, aboarán 40 euros.