O Cadramón celebra as festas na honra de Santa Filomena cunha xornada chea de tradición e música

A parroquia de O Cadramón, no concello de O Valadouro, prepárase para vivir unha xornada festiva moi especial o vindeiro 7 de xuño, coa celebración das Festas na Honra de Santa Filomena. A xornada comezará ás 12:30 horas cunha misa solemne na capela, seguida da tradicional procesión.
O apartado musical dará comezo xa a mediodía coa sesión vermú a cargo do Dúo Venus, que tamén será o encargado de animar a verbena nocturna a partir das 20:30 horas. Ás 15:00 horas terá lugar o esperado xantar popular, con prazas limitadas e un menú composto por empanada de atún, churrasco de porco, chourizo e crioullo, patacas, sobremesa, bebida, café e chupo. O prezo é de 25 euros para adultos, mentres que os nenos e nenas de ata 6 anos non pagan e os de ata 12 pagan 15 euros. As reservas poden facerse ata o 2 de xuño a través dos teléfonos facilitados pola organización.
Xa pola tarde, ás 19:00 horas, a sobremesa estará amenizada polo grupo folclórico Fol do Raxal, completando así unha proposta cultural e lúdica pensada para todos os gustos.
O campo da festa estará cuberto cunha carpa, polo que se garante a celebración sen importar o tempo.
O evento está organizado pola Asociación Veciñal Santa Filomena do Cadramón, coa colaboración do CMVMC do Cadramón e o apoio da Deputación de Lugo a través da súa área de Cultura.
Desde a organización convidan a todo o mundo a achegarse e desfrutar desta festa nunha contorna privilexiada, cargada de historia e tradición.