O C.D. San Ciprián gañou o VI Torneo Maruxaina de fútbol
O Concello de Cervo acolleu o VI Torneo Maruxaina no Campo da Veiga. Un encontro no que se deron cita o C.D. San Ciprián e a U.D. Xove Lago
Este evento deportivo foi o complemento para a Festa da Maruxaina e o vencedor foi o club local por un resultado de 3-2. Entregaron os trofeos a rexedora, Dolores García Caramés, e o edil de Deportes, David Rodríguez.
Na xornada do sábado, 12 de agosto, o día grande de Maruxaina, estará animado desde primeira hora polo ritmo de diferentes charangas e gaiteiros. Xa ás 23.00 horas será o desembarco da Maruxaina na Praia do Torno. Durante o traxecto as persoas asistentes poderán gozar dun espectáculo de fogos de artificio.
Ás 00.00 horas será o gran xuízo popular, seguido dunha degustación de balde de queimada na Praza dos Campos. A continuación, haberá verbena na Praza dos Campos