O C.B. O Cembedo logra un bronce no Máster Nacional N4 Sénior de Bádminton en Vitoria

A cidade de Vitoria acolleu o pasado fin de semana o Máster Nacional N4 Senior de Bádminton, unha das probas máis destacadas do calendario estatal, que reuniu a 175 deportistas chegados de diferentes puntos de España. Entre eles estivo o Club Bádminton O Cembedo, que se desprazou con catro representantes para competir nas distintas modalidades.
A pesar da dureza do campionato e do alto nivel dos rivais, o club conseguiu subir ao podio grazas á medalla de bronce obtida na modalidade de dobres masculino, categoría C2. Ademais, os xogadores galegos ofreceron un rendemento sólido no resto dos encontros disputados, deixando patente o bo momento competitivo polo que atravesa a entidade.
Desde o club valoran este resultado como un paso máis na súa progresión deportiva e xa teñen a mirada posta na vindeira cita oficial: o torneo que se celebrará en Xixón o próximo 4 de outubro.