O Burela recibiu varios premios na presentación da tempada da Liga Nacional de Fútbol Sala

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
11 sep 2019

O presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco, e o adestrador Juanma Marrube representaron á Familia Laranxa esta mañá na Presentación Oficial da Tempada 2019/2020 na sala OH MY CLUB de Madrid, onde, ademais de premiar aos mellores da pasada campaña, o acto serviu tamén como homenaxe aos cinco xogadores elixidos polos afeccionados para conformar o mellor equipo da Historia da Liga Nacional de Fútbol Sala, LNFS, ao longo destas tres décadas.

Manuel Blanco recolleu dobre galardón, como campión de Segunda División 2018-19 e Equipo máis Deportivo da categoría. Juanma Marrube, pola súa banda, recibiu a distinción de Mellor Adestrador de Segunda.

Esta foi a relación de premiados da pasada tempada 2018/2019.

Trofeo ao Mellor Gol 2018/2019: Dani Santos (Viña Albali Valdepeñas)

Trofeo JOMA ao Máximo Goleador de Segunda División: Emilio Buendía (S. DELSOL Mengíbar)

Trofeo JOMA ao Máximo Goleador de Primera División: Ferrao (Barça)

Trofeo FAIR PLAY: ASPIL JUMPERS RIBERA DE NAVARRA

Trofeo Equipo Máis Deportivo Primeira División: O Parrulo Ferrol

Trofeo Equipo Máis Deportivo Segunda División: Pescados Rubén Burela

Trofeo RehabMedic aos Mellores Árbitros: Sánchez Molina/ Rodrigo Miguel (C. Castelano-manchego)

Trofeo Campión de Liga Segunda División: Pescados Rubén Burela

Trofeo á Difusión e Promoción do Fútbol Sala: Palma Futsal

Trofeo Recoñecemento á Traxectoria Profesional: Ramón Pizarro

Trofeo SEUR ao Mellor Adestrador de Segunda División: Juanma Marrube (Pescados Rubén Burela)

Trofeo SEUR ao Mellor Adestrador de Primeira División: Andreu Plaza (Barça)

Trofeo ao Xogador Revelación: Mati Rosa (Palma Futsal)

Trofeo ao Mellor Porteiro: Juanjo  (Barça)

Trofeo ao Mejor Peche: Matteus (ElPozo Murcia)

Trofeo ao Mellor Ala: Sergio Lozano (Barça)

Trofeo ao Mellor Pivote: Ferrao (Barça)

Trofeo ao Mellor Xogador 2018/2019: Ferrao (Barça)

E polo que respecto ao recoñecemento ao mellor equipo dos 30 anos de Historia da LNFS:

Mellor Porteiro 30 anos LNFS: Luis Amado

Mellor Peche 30 anos LNFS: Kike Boned

Mellor Ala destro 30 anos LNFS: Javi Rodríguez

Mellor Ala zurdo 30 anos LNFS: Ricardinho

Mellor Pivote 30 anos LNFS: Paulo Roberto

0.19382500648499