O Burela pechou o período de partidos amistosos ante o Parrulo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
9 sep 2019

Coincidindo co 18º aniversario laranxa, o Pescados Rubén Burela FS pechou a axenda de amigables de pretempada con táboas fronte ao Parrulo FS (1-1). 

O derbi galego con arrecendo a Primeira e pasado burelista nas filas ferrolás saldouse cun gol para cada banda no primeiro acto. R. Vargas adiantou os mariñáns no 15, en contragolpe, e Miguel igualou antes do descanso, de rexeite. 

Os pupilos de Juanma Marrube estrearán a competición ligueira de Primeira LNFS o sábado 14, en Vista Alegre, con Tarde Laranxa. Industrias Santa Coloma será o rival no regreso á elite (horario pendente de confirmación), tras a estrea de Primera RFEF, con derbi galego entre as Guerreiras e o Poio Pescamar FSF. 

COPA GALICIA EN XOVE. Os pupilos de Juanma Marrube disputarán cuartos de Copa Galicia finalmente o 23 de outubro en derbi mariñán, na pista do SD Xove FS (21.00 horas).

O Pescados Rubén Burela FS aliñou fronte ao Parrulo a Edu, R. Vargas, Pope, Juanfran, Amoedo, cinco inicial; tamén xogaron Joselito, Lucho, Iago Míguez, Matamoros, Renato, Everton, M. Kaluza.

Foi un partido de presentación do Parrulo FS que se disputou na Malata e no que se gardou un minuto de silencio en memoria de Ana Gómez Fustes, irmá do coordinador da base laranxa, Christian Fustes.

 

0.17375183105469