O buque arrastreiro de litoral Saíñas portará a imaxe da Virxe do Carmen na LXXI procesión marítima de Celeiro

AMariñaXa
O buque arrastreiro de litoral Saíñas, de firma Pesqueiras Muinelo SL, será o encargado de portar a imaxe da Virxe do Carmen
buque arrastreo Saiñas.
27 Jun 2023

O buque arrastreiro de litoral Saíñas, de firma Pesqueiras Muinelo SL, será o encargado de portar a imaxe da Virxe do Carmen na LXXI edición da procesión marítima de Celeiro.

A Virxe do Carmen é a patroa dos mariñeiros e o Saíñas cumprirá cunha tradición e un raizame que data do ano 1951 cando a embarcación denominada Mariña Número Dous portou por primeira vez a imaxe da Virxe nunha procesión marítima. Desde entón ata a data, -salvo nos dous anos da pandemia do coronavirus en 2020 e 2021-, a procesión séguese celebrando de forma ininterrompida.

Os barcos portadores da imaxe nos últimos anos foron: Currana Un (2022); Nuevo Cristo del Buen Viaje (2019); Currana Un (2018); Galiana Primero (2017): Bautista Pino (2016); Arrigorri (2015); Siempre Antares (2014); Albelo I (2013); Flecha (2012); Tronio (2011); Alba do Mar (2010); Nuevo Socio (2009): Montero (2008); Anxuela (2007); Pino Ladra (2006); Michos Sexto (2005).

O buque Saíñas é un arrastreiro de litoral que faena no Cantábrico Noroeste, Matricula: FE-1, folio:1/01 ten un arqueo de 149,85 TRB e 263 GT, un barco de casco de aceiro cunha eslora de 30,9 m.; manga: 8; dedícase á pesca de arrastre de fondo; trátase dun moderno buque equipado coas últimas tecnoloxías construído no ano 2004.

Así, surcará as augas da ría vivariense presidindo a procesión en Honra á Virxe Maria e patroa dos mariñeiros, cumprindo así cunha tradición chea de fervor relixioso e gran raizame entre a familia mariñeira. A procesión marítima de Celeiro é das de maior tradición de todo o Cantábrico Noroeste. Un ano máis a localidade de Viveiro engalanarase para celebrar estes festexos cheos de tradición e fervor; sen dúbida a procesión marítima é un dos actos principais do programa festivo que elaborou a comisión de festas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16746091842651