Diego Fernández será o candidato polo BNG de Cervo
O BNG vén de anunciar como cabeza de lista de Cervo a Diego Fernández Martínez. O BNG vén de anunciar dous novos cabezas de lista, que son a candidata de Lourenzá, Belén Fanego Barreira e o candidato de Cervo, Diego Fernández Martínez. A formación nacionalista continúa traballando para levar a todos os concellos o proxecto Bng, un modelo de éxito, de bo traballo, de transformación e de cambio como se está a ver alí donde o Bng tén responsabilidades de goberno.
Diego Fernández Martínez, de Lieiro, traballador de Alúmina, na factoria de Alcoa, actual portavoz municipal na corporacion cervense afirma que o necesario cambio que precisa Cervo tén que vir da mán do proxecto Bng, un modelo de éxito en moitos concellos xa e co cal Cervo pode e debe impulsar o seu desenvolvemento. “Un concello Bng é sinónimo de respecto polo público, de traballo honesto e honrado, e de toma de decisións valentes pensando no común” asegurou Diego Fernandez.
A presentación da candidatura será o venres 14 de abril no restaurante O Noso Lar en San Cibrao.