O BNG reclama que "un ano máis a Mariña non conta nos orzamentos para 2025"

AMariñaXa
O deputado mariñao Daniel Castro fixo un repaso de diferentes cuestións da situación da comarca
bng-mariña
27 Nov 2024

O BNG fixo a presentación das emendas que formulan ao proxecto de Orzamentos da Xunta para 2025, emendas que serán debatidas na próxima semana no Parlamento.

O deputado mariñao Daniel Castro, acompañado pola tenente de alcaldesa de Viveiro Miriam Bermúdez, o responsable comarcal Antonio Veiga e diversos cargos institucionais,  fixo  un repaso da  situación da Mariña e dos incumprimentos da Xunta coa comarca que se repiten ano tras ano á hora de aprobar as contas públicas.

Según afirmou Daniel Castro estas contas non contemplan as necesidades reais e máis acuciantes da Mariña, nin os servizos básicos de moitos concellos que estes non poden costear eles sós, e máxime cando a Xunta tén competencias en moitos deles, nin nas infraestruturas, a industria, o emprego ou a sanidade, entre outros.

ATENCIÓN PRIMARIA 

A respecto da situación sanitaria pronunciouse Miriam Bermúdez, alertando da grave situación que neste eido se en contra a comarca, pero especialmente Viveiro, a vila máis grande da Mariña,  donde o centro de saúde está prácticamente en cuadro a nivel de persoal sanitario, o mesmo que no servizo de Pediatría, en Viveiro e na comarca. Propón o BNG nas súas emendas un novo modelo de Atención Primaria que garanta unha atención sanitaria de calidade e proximidade. Demandan así mesmo nas emendas relacionadas coa sanidade un Plan de Atención á Saúde Mental e prevención do suicidio, así como Áreas de saúde de unidade de hospitalización infanto-xuvenil; recuperar o segundo técnico na ambulancia medicalizada, e dotar un PAC na comarca con urxencias pediátricas.

Referíuse tamén  a tenente de alcaldesa de Viveiro á necesidade da creación dunha Nova Unidade Xudicial de Violencia sobre a Muller en Viveiro que xustifica a emenda presentada ao respecto.

Mario Pillado referíuse tamén á emenda que propuxeron desde Burela, que é que a Unidade de Atención á Drogodependencia, agora costeada polo concello sexa asumida polo SERGAS.

PLAN DE REACTIVACIÓN

Nesta emenda proponse un Plan de Reactivación para A Mariña no que participen concellos , Xunta e Estado, dada a situación á que se ve abocada a comarca nos últimos anos sen que ningunha administración actúe. E neste sentido proponen unha vez máis a intervención de Alcoa con participación do goberno do estado e da Xunta, demandando que esta consigne nestes orzamentos 10.000.000 euros, tal como demandou o comité de empresa na reunión mantida con eles. Tamén para a recuperación da comarca  é clave o desenvolmento de solo industrial  e por eso o Bng propón desenvolver a terceira fase do Parque Empresarial de Barreiros e iniciar os polígonos de O Valadouro, Riotorto e Muras. Vinculado a todo esto está a creacion da Empresa Pública Galega de Enerxía que proponen tamén desde a formación nacionalista.

INFRAESTRUTURAS 

Unha vez máis, a VAP Costa Norte San Cibrao-Ferrol queda reducida a números en papel con cantidades escasas para levala adiante nesta década, por eso o Bng urxe o necesario compromiso orzamentario. “En 15 anos o PP leva feito 15 km co cal sae a 1km por ano, polo tanto de seguir a este ritmo e tendo en conta que a VAP tén 90 km tardarían en rematala 90 anos” afirmou o responsable comarcal Antonio Veiga.

Volve tamén ao Parlamento unha vella demanda incumprida do sector do mar en Foz que é a remodelación da dársena do peirao de Tupide e a modificación da bocana de entrada. Outra das infraestruturas demandadas e a EDAR de San Miguel de Reinante en Barreiros, nun concello de pouco máis de 3.000 habitantes pero que en época estival multiplica considerablemente a súa poboación. Tamen a mellora da rede de abastecemento de auga en Xove vai recollida nas propostas de emendas.

VIVENDA

Neste tema desde o BNG propón a nivel nacional  a promoción ou adquisición pública de vivendas nos sistemas urbanos intermedios en diversas comarcas, e entre elas  A Mariña, con especial atención aos nodos e ás zonas de saturación de Vivendas de Uso Turístico.

MEDIO AMBIENTE

Continúan as emendas con diversas propostas de actuacións medioambientais no Río Baos (creación de senda fluvial e limpeza do encoro de captación de auga para consumo) e no Río  Masma donde se demanda a rexeneración do mesmo e o seu entorno.

CENTRO DE DÍA

Servizos coma o Centro de Día de Lourenzá para o que se pide a súa reparación e rehabilitación con melloras no sistema de illamento é outra das demandas presentadas hoxe.

0.15973401069641