O BNG quere recuperar varios torques e a diadema de Ribadeo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
28 Out 2019

O BNG reclama a devolución de patrimonio artístico de gran valor expoliado polo Estado. Néstor Rego exixirá no Congreso a recuperación de esculturas da Catedral  e San Paio de Antealtares e unha importante colección de torques, entre outras moitas. O BNG reclama o patrimonio histórico artístico presente nunha institución pública como é o Museo Arqueológico de Madrid. Fálase de como mínimo, 33 pezas de extraordinario valor artístico, pezas da arte castrexa e outras medievais do taller do Mestre Mateo, entre elas torques, diverso tipo de ourivaría, a diadema de Ribadeo, machados, vaillas, e pezas da arte románica procedentes de Santiago e San Paio de Antealtares, diversas imaxes do taller de Mestre Mateo, con distinta iconografía que o BNG quere recuperar para o pobo galego porque son froito dun espolio que se produciu ao longo de moito tempo por parte do propio Estado.

Un Santiago o Menor que formou parte do Coro do Mestre Mateo e un San Bartolomé, tamén do taller do Mestre Mateo, pertencentes á Catedral de Santiago son dúas das pezas que se atopan no catálogo do Museo Arqueológico Nacional de Madrid, xunto con outro importante conxunto de obras do románico entres as que se atopan un San Xoán Bautista procedente de Montefaro, en Ares, e dúas columna que formaron parte do conxunto escultórico de San Paio de Antealtares ou mesmo unha porta de sagrario da Igrexa de Santa Clara. 

O catálogo do centro museístico público situado en Madrid atesora un importantísimo conxunto de torques de grande valor que teñen como lugar de referencia Sobrado dos Monxes, Betanzos, A Coruña, Ortigueira, Cospeito ou Ribadeo que forman parte da sección "Protohistoria e Colonizacións". Tamén atopamos na colección do museo público ferramentas da Idade do Bronce procedentes de territorio galego e pezas históricas de cerámica da fábrica de Sargadelos. 

Segundo o nacionalista, Galicia foi espoliada de todas as maneiras posibeis, tamén en patrimonio documental e artistico que hoxe fai parte de coleccións de todo o Estado español, moitas veces en institucións  públicas. Este problema xa foi abordado pola representación do BNG no Congreso en concreto no ano 2006. Farncisco Rodríguez conseguiu un acordo do parlamento para que foran devoltas polos menos copias dixitalizadas de todos os fondos documentais dos mosteiros galegos. Boa parte da documentación da historia e a lingua foron espoliados a partir das desamortización. Trece anos despois aínda non foi executado ese acordo. 

Hoxe no mundo hai todo un movemento contrario a esta pillaxe artística que se ten producido como resultado de procesos de colonización, que estas pezas estean exhibidas en Galicia é fundamental para un turismo substentábel, como o turismo cultural. Hai moitas razóns para recuperar estas pezas e tamén hai precedentes. Cataluña tivo que devolver máis de duascentas pezas a Aragón por dúas sentenzas xudiciais. O Bloque cre que isto non se debe resolver por vía xudicial, senón pola vontade política por estaren den mans dunha institución do Estado e para iso é necesario que o BNG teña representación en Madrid, matizan. 

0.17186689376831