O BNG presentou a súa candidatura pola circunscrición electoral de Lugo na que participan 7 mariñaos

AMariñaXa
O BNG presentou a súa candidatura pola circunscrición electoral de Lugo, na que participan 7 mariñaos e mariñás que representan territorialmente e socialmente á comarca desde os diferentes eidos laborais, sociais e políticos.
FOTO CANDIDAT@S A MARIÑA CON ANA PONTÓN E OLALLA RODIL  1
19 Xan 2024

O BNG presentou a súa candidatura pola circunscrición electoral de Lugo, na que participan 7 mariñaos e mariñás que representan territorialmente e socialmente á comarca desde os diferentes eidos laborais, sociais e políticos.

No número 2 figura o actual deputado no Parlamento Daniel Castro, no 5, Iria Cotelo de Viveiro, no 7  Pilar Vázquez de Xove, no 10 Eloi Cabanas de Mondoñedo e pechan a lista Alejandra Fernández de Burela e Miguel Gómez do Vicedo, nos postos 13 e 14 respectivamente. Como 2ª suplente aparece Vanesa Gómez Lourido, de Riotorto.

Desde o BNG fan un chamamento á participación masiva de todos os mariñaos e mariñás nestas eleccións do 18 de febreiro, para colocar na presidencia da Xunta a unha muller, nacionalista, Ana Pontón para liderar un goberno que poña fin aos moitos anos de discriminación da comarca en infraestruturas, en sanidade....un goberno que cumpra coa Mariña. “Para iso precisamos a mobilización de toda a maioría social que quere cambio, por iso imos redobrar esforzos e falar con todo o mundo, porque hai partido e imos gañalo” afirmou Daniel Castro, que asegurou tamén que “A Mariña non pode agardar máis para rematar co seu illamento e engancharse ao século XXI, e este é o momento, é agora”

Necesidade dun debate electoral

Desde o BNG propoñen a realización dun debate entre  candidatos  das forzas políticas na comarca con representación parlamentaria sobre a situación da Mariña e a correspondente formulación de propostas para sacar á comarca da situación de atrasos e illamento en moitas materias coma as infraestruturas, a sanidade, a industria, o emprego...

Neste sentido Daniel Castro cre que este debate é moi necesario e sería moi positivo para toda a sociedade mariñá.

CANDIDATOS BNG A MARIÑA

  • 2.- Daniel Castro García. Graduado en Linguas Estranxeiras pola Universidade de Vigo e en Lingua e Literatura Galegas pola USC  (RIBADEO)
  • 5.- Iria Cotelo Cociña. Técnica en coidados auxiliares de enfermería. Concelleira de Promocion Económica, Emprego, Mercados e Comercio en Viveiro.  (VIVEIRO)
  • 7.- Pilar Vázquez Sánchez. Administrativa. Vice responsable comarcal do Bng A Mariña. Está cursando grado de Relacións Internacionais. Concelleira portavoz en Xove.  (XOVE)
  • 10.- Eloi Cabanas Ramos.Técnico superior en xestión de recursos naturais. Bombeiro forestal. Concelleiro-portavoz en Mondoñedo  - (MONDOÑEDO)
  • 13.- Alejandra Fernández Cillero. Celadora do Sergas. Concelleira de Igualdade en Burela - (BURELA)
  • 14.- Miguel Gómez Fraga.Mantedor mecánico. Gandeiro. Traballador da factoría de Alcoa en San Cibrao. Concelleiro no Vicedo - (O VICEDO)
  • 2ª Suplente
  • Vanesa Gómez Lourido. Xornalista – Concelleira portavoz en Riotorto. (RIOTORTO)
0.078717947006226