O BNG presentou a súa candidatura á Alcaldía de Lourenzá

O BNG presentou a súa candidatura á Alcaldía de Lourenzá. Candidatura que encabeza a traballadora do Sergas, Belén Fanego Barreira, e da que forma parte tamén no número 3 a actual concelleira e portavoz municipal Áurea Vázquez Abal (Mani) e que conta con numerosas incorporacions, de diferentes idades, de diferentes sectores e das diferentes parroquias.
En palabras da alcaldable Belén Fanego, “O BNG quere gobernar Lourenzá porque tén un proxecto e un modelo que se aplica xa en moitos concellos do país e da comarca. Nós ofrecemos rigor, traballo, e sobre todo humildade e atención ás preocupacións da veciñanza e aos problemas que nos acheguen e queremos a participación de toda a sociedade para traballar conxuntamente na procura de solucións”. A candidata avanzou tamén ideas centrais do seu programa, como a potenciación do comercio e o turismo local, o desenvolvemento local e a creación de emprego, a mellora dos servizos municipais, o ocio, o patrimonio e uns servizos sociais integrais, donde as persoas serán o principal obxectivo.
A candidatura
- Belén Fanego Barreira
 - Francisco Xabier Trigo Maseda
 - Áurea Vázquez Abal (Mani)
 - Anxo Fernández Villalba
 - Miguel Rodríguez Acebo
 - María José Terrados Díaz
 - Pedro Rodríguez Romero
 - Ana García Cuadrado
 - Héctor Terrón Salvatierra
 - Daniel Recalde López
 - Concepción Ares Sanmartín
 
Suplentes:
- Martín Bouso Iglesias
 - Ramón Valiña Rivas
 - Yolanda Ramil Seivane
 - César Docampo Fernández
 - Pedor Barreira Salgado