O BNG presenta a lista que encabeza Olalla Rodil por Lugo ás eleccións da Xunta
RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O BNG fixo pública esta mañá a listaxe cos candidatos ás próximas eleccións á Xunta de Galicia pola provincia de Lugo.
15 Xan 2024
O BNG fixo pública esta mañá a listaxe cos candidatos ás próximas eleccións á Xunta de Galicia pola provincia de Lugo.
Estará encabezada, como xa se anunciou por Olalla Rodil Fernández, deputada no Parlamento de Galiza na última lexislatura, pola zona centro.
Seguen na lista:
- Daniel Castro. Deputado no Parlamento de Galiza na última lexislatura. A Mariña
- Montserrat Valcárcel Armesto (Independente). Doutora en enxeñaría agrónoma. Profesora na USC. Foi vicerreitora do Campus Terra. Lugo
- Iago Suárez Fernández. Tradutor e intérprete. Xornalista. Lugo Sul
- Iria Cotelo Cociña. Auxiliar de enfermería. Concelleira do BNG en Viveiro. A Mariña
- Martín Gómez Souto. Portavoz municipal do BNG en Becerreá. Estudante de Língua e Literatura galegas na USC. Lugo
- Pilar Vázquez Sánchez. Administrativa.Vice responsábel comarcal do BNG, membro da Comisión Permanente de Galiza Nova e Portavoz do BNG en Xove. A Mariña
- Alexandre Varela Rubin. Graduado en historia. Lugo Sul
- Beatriz Cedrón Vilar. Traballadora Social. Lugo
- Eloi Cabanas Ramos. Técnico superior en xestión de recursos naturais. Bombeiro forestal. Portavoz do BNG en Mondoñedo. A Mariña
- Rosana Prieto Florines. Licenciada en CC. Políticas e Postgraduada en Planificación e Dirección Turística. Responsábel comarcal. Portavoz do BNG en Pantón. Lugo Sul
- Mario Outeiro Iglesias. Enxeñeiro químico. Profesor de ensino secundario. Lugo
- Alexandra Fernández Cillero. Celadora do Sergas. Concelleira de Igualdade en Burela A Mariña
- Miguel Gómez Fraga. Traballador de Alcoa A Mariña
SUPLENTES:
- Bernardo Valdês Paços. Economista e profesor da USC. Lugo
- Vanesa Gómez Lourido. Xornalista. Portavoz do BNG en Riotorto. A Mariña
- Manuel Luaces Fernández. Profesional no ámbito da diversidade funcional. Responsábel local do BNG en Monforte. Lugo Sul
- María Dolores López Caión. Traballadora do Sergas. Lugo
- Xosé Manuel Becerra Pardo. Licenciado en filoloxía galega. Empregado público. Lugo