O BNG presenta a Eloi Cabanas como alcaldable de Mondoñedo
O BNG continúa presentando candidatos para as eleccións do 28 de maio. Eloi Cabanas, nado en Vilamor en 1977, e actual portavoz municipal é Técnico Superior en Xestión de Recursos naturais e Paisaxísticos e especialista en explotacións agropecuarias, traballando na actualidade como bombeiro forestal.
Preséntase a estas eleccións asumindo a responsabilidade de levar adiante o modelo Bng que tan bos resultados está dando en moitos concellos do país e da comarca e baixo unha idea clara “traballar por e para a xente cun proxecto práctico e moderno así como serio e riguroso para construir un Mondoñedo con oportunidades diante da parálise que atravesa nos últimos anos” afirmou Cabanas.
O resto da candidatura que está formada por persoa de diveros ámbitos profesionais e de diversas parroquias será presentada nas vindeiras semanas.