O BNG pide al Goberno que se compromenta a defender o sector ante a reforma da PAC

TerraChaXa | AMariñaXa
Na moción defendida polo  deputado, Xosé Luís Rivas, o BNG reclamaba “maior implicación” do Goberno galego co sector agrario ante a reforma da PAC.
9 Xan 2019

Na moción defendida polo  deputado, Xosé Luís Rivas, o BNG reclamaba “maior implicación” do Goberno galego co sector agrario ante a reforma da PAC. Para o deputado nacionalista, a cuestión non radica en que o sector do leite defenda o leite, o da carne a carne e o viño o do viño, porque é necesario defender “todos os nosos intereses” diferenciados especialmente no sector primario e a PAC que se aveciña será “crucial para Galiza”.
O parlamentario afirmou que Galiza non se pode subtraer ás súas condicións xeográficas e orográficas, e por estas condicións singulares a súa actividade agrogandeira tampouco pode ser absorbida por plans que non partan da nosa realidade e intereses futuros.
A alta política da Unión Europea, explicou, pode circunscribir os plans estratéxicos aos estados pero en materia agrogandeira e forestal, “Galiza é un estado” e ten  competencias. Neste sentido, propuxo “non negar a realidade que nos impide medrar” e situarnos en pé de igualdade con outras realidades europeas. Rivas denunciou que é “teimosía temeraria” negar a  forestación desmesurada e progresiva eucaliptización de máis da metade do noso territorio, o peche de 419 explotacións leiteiras, a perda de servizos básicos no mundo rural, a ausencia de industrias transformadoras de produción primaria, é sentenciou, “teimosía temeraria negar a realidade”.
Na súa intervención, que principio coa panxoliña “Con un sombreiro de palla”, Rivas confiou en que a Galiza non lle ocorra o mesmo que ao neno do vilancico que quedou extasiado mirando para o Belén e o boi comeulle o sombreiro, Rivas  confiou en que o goberno “non quede pasmado” e reaccione a tempo ante a reforma da PAC.
Por outra parte,  lembrou que na anterior sesión plenaria, o conselleiro de Medio Rural afirmou que existía  a ameaza do recorte do 46% nas axudas directas, o plan que dende o BNG propoñemos, dixo, é abrir o diálogo cos sectores afectados e por iso insistimos en reclamar que o Goberno galego se implique co sector agrogandeiro para non volver  a vivir as “nefastas negociacións da PAC nos diferentes períodos”. Sabemos que o Estado español non aceptará as especificidades do campo galego e será entón cando poidamos constatar que papel van xogar os deputados e deputadas galegas no Parlamento europeo cando se “xogue o futuro do noso  campo”.
Para o deputado do BNG, “aínda hai tempo” de impedir o desmantelamento do rural pero o rural, lamentablemente “só lle interesa aos catro que trafican coa inframadeira”, temos que frear esta situación que provoca que a xente se canse e venda a baixo prezo. A administración deixou de estar presente no rural, as oficinas agrarias están baleiras, o asesoramento é privado, non se apoia a investigación pública. Nos seis anos da PAC, afirmou, temos que “fecundar o país fortalecendo os sectores primarios de agricultura, gandeiría e monte”.

0.11618304252625