O BNG pide a retirada unha placa no barrio do Chao de Viveiro

AMariñaXa
O BNG de Viveiro volveu pedir a retirada da placa na honra de Antonio Pedrosa Latas, situada no Barrio do Chao.
placafascistabarriochaoviveiro
18 Feb 2021

O BNG de Viveiro volveu pedir a retirada da placa na honra de Pedrosa Latas, situada no Barrio do Chao. Como indican foi o  2 de outubro de 2019 cando se acordou en pleno, a petición dos nacionalistas, retirar toda simboloxía fascista do Barrio do Chao, en cumplimento da Lei de Memoria Histórica e por respecto ás víctimas da barbarie franquista.

"Mais por desgraza o nome do fascista Pedrosa Latas segue a presidir a entrada do Barrio do Chao grazas ao beneplácido da alcaldesa, María Loureiro, que en 16 meses non foi capaz de aplicar a lei retirando unha placa que apenas está suxeitada cuns parafusos", explican.

A concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, pregúntalle á alcaldesa "cal é o motivo de que o Barrio do Chao siga manchado co nome deste fascista", e si "é por incapacidade ou por concordar coas ideas totalitarias do que foi xefe da falanxe en Lugo e que a tantos viveirenses intimidaba a punta de pistola". A concelleira incide en que “non fai falla que coloquen unhas placas novas, basta con retirar as que hai por xustiza e respecto ás víctimas intimidadas e asasinadas.”

Polo que rogan, "unha vez máis", que de maneira inmediata a Alcaldía emita as intrucións necesarias para retirar estas placas "e toda homenaxe fascista en aplicación da Lei".

0.15353894233704