O BNG mindoniense presenta a candidatura completa coa que concorrerá ás vindeiras eleccións municipais do 26 de maio

TerraChaXa | AMariñaXa
2 May 2019

A candidatura está encabezada polo actual portavoz municipal no concello de Mondoñedo, Eloi Cabanas Ramos, que declara que o novo proxecto co que se presenta a formación nacionalista a estas eleccións “combina a experiencia e a solvencia dos que xa formaron parte da corporación en anos anteriores e a ilusión e o compromiso de traballo das novas incorporacións”.

Para Eloi Cabanas, esta lista demostra que en Mondoñedo hai futuro, “queremos liderar un goberno nacionalista e de esquerdas no concello, con xente capaz e con novas ideas para desbotar o conformismo e mudar a realidade cotiá dos nosos veciños e veciñas”.

É posible facelo, e de feito estámolo a facer alí nos concellos onde gobernamos como Ribadeo, Pontevedra, Allariz ou Carballo”.

O BNG declara que a súa aposta de goberno para os vindeiros 4 anos estará baseada en traballar para cumprir os acordos plenarios promovidos polo BNG nos pasados catro anos, corrixir as deficiencias no mantemento das infraestruturas e os espazos públicos, mellorar o benestar social da veciñanza e loitar por un rural vivo con políticas para frear o declive demográfico que padece o concello.

A nosa prioridade absoluta, en definitiva, será a de abordar estratexias dirixidas a recuperar o dinamismo económico e a creación de emprego no noso concello, e para iso tamén é preciso un goberno reivindicativo que non sexa compracente cos gobernos doutras administracións”, conclúe.

Candidatura completa do BNG de Mondoñedo

  1. Eloi Cabanas Ramos. Bombeiro Forestal do Servizo de Defensa e Prevención Contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia. Actual portavoz de BNG no concello.

  1. María Elena Freire Castro. Dependenta, concelleira do BNG.

  1. Josefa Carballeira Díaz. Desempregada.

  1. André Outeiro García. Traballador autónomo nunha empresa local das TICs.

  1. Manuel Anllo Centeno. Graduado en Turismo.

  1. Clara Vila Vázquez. Estudante do Grao de Dereito.

  1. Pablo Rodríguez García. Graduado en Arquitectura Técnica, Técnico de Obra.

  1. Amador Pumariño Pérez. Técnico Superior Deportivo, Diplomado en Educación Primaria e licenciado en Psicopedagoxía. Monitor Deportivo e Entrenador Persoal.

  1. María Esmeralda Irimia Balseiro. Técnica en Emerxencias Sanitarias do 061 de Galiza.

  1. Feliciano Berdeal-González Berdeal. Fontaneiro autónomo.

  1. María del Carmen Maseda Díaz. Técnica en Coidados Auxiliares de Enfermería no Hospital Público da Mariña, concelleira do BNG.

Suplentes

  1. María Amandina Salgueiro Castro. Técnica en Atención Sociosanitaria en Institucións Residenciais.

  1. Francisco González Olveira. Traballador por conta allea.

  1. Yolanda Pumariño Pérez. Mestra de Primaria e dona dunha librería en Lugo.

  1. Manuel Orlando González Cruz. Médico xubilado, Ex-alcalde de Mondoñedo.

0.07512903213501