O BNG lugués presenta emendas aos orzamentos da Xunta pedindo o reforzo da sanidade na provincia

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O BNG da Comarca de Lugo presentou emendas aos Orzamentos da Xunta de Galiza para 2024 centradas no reforzo da sanidade pública, especialmente en Atención Primaria, e na atención e prevención da dependencia.
sergas medico medicina sanidade
23 Nov 2023

O BNG da Comarca de Lugo presentou emendas aos Orzamentos da Xunta de Galiza para 2024 centradas no reforzo da sanidade pública, especialmente en Atención Primaria, e na atención e prevención da dependencia.

Desde o 2009, o Partido Popular recortou en 2.000 millóns de euros o orzamento en Atención Primaria. O BNG propoñemos incrementar o investimento público en Sanidade a través de Plans específicos que garantan o incremento de profesionais, a cobertura de prazas vacantes e mellores condicións laborais para o persoal sanitario porque só con recursos públicos suficientes podemos garantir o dereito á saúde da poboación.

“A política de recortes do Partido Popular ataca o dereito á saúde das galegas e galegos deixándoos sen a atención sanitaria necesaria nos seus centros de saúde como está a acontecer en Sarria, no Páramo, na Fonsagrada, na Ribeira de Piquín ou mesmo na cidade de Lugo. Por iso, desde o BNG emendamos os Orzamentos da Xunta de Galiza para blindar a sanidade pública e, moi especialmente, Atención Primaria”, sinalou a deputada por Lugo, Olalla Rodil.

Dereito a unha vellez digna

Ademais, as emendas do BNG céntranse na ampliación de servizos sociais a través dun Plan de equipamentos públicos que garantan o dereito a unha vellez digna creando novos centros de día e públicos para persoas maiores.

“A proposta que facemos desde o BNG pretende acabar con situacións inadmisibles como a de Vilalba, capital da comarca da Terra Chá, con máis de 14 mil habitantes que carece de centro de día malia as promesas incumpridas do Partido Popular ou o Concello da Pastoriza que tampouco conta con este servizo esencial para a poboación maior”, apuntou Olalla Rodil.

Fronte ao modelo do Partido Popular que insiste nestes Orzamentos en privatizar os servizos públicos e, especialmente, en seguir cebando con cartos públicos o negocio das empresas privadas, desde o BNG defendemos o dereito a unha vellez digna con máis e mellores servizos públicos.

“A política do Partido Popular coas persoas maiores vese na residencia que construíu a Fundación Amancio Ortega na cidade de Lugo cuxa xestión vai ser privatizada e tamén no cheque electoralista que anunciou o Goberno do Partido Popular para pagar prazas de residencias na privada porque non hai prazas na pública”, dixo Rodil.

Nos últimos 14 anos o Partido Popular non construíu nin unha soa residencia pública e a que lle deron feita agora vai privatizala. A atención ás persoas maiores non pode ser un negocio, é un dereito que debe garantirse desde o ámbito público.

Por iso, ademais de máis centros e prazas públicas, desde o BNG incluímos unha emenda dirixida a reforzar o SAF garantindo máis fondos aos Concellos para o sostemento deste servizo e doutros dirixidos a atender e previr a dependencia.

Galiza conta hoxe con máis do 25% da poboación maior de 65 anos, no caso da provincia de Lugo hai moitos concellos en que representan xa a metade da poboación. É urxente garantir o dereito a envellecer nas mellores condicións e no propio fogar e para iso é fundamental despregar unha rede de servizos públicos de proximidade fortes.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17546319961548