O BNG lembra ao Goberno de Viveiro o acordo para informar sobre prevención de incendios

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O BNG de Viveiro acusa ao goberno local de "case nulo interese" por combatir os incedios forestais no termo municipal xa que non se está a difundir a información de control.
casa diaz castro deputacion
20 Aug 2020

O BNG de Viveiro acusa ao goberno local de "case nulo interese" por combatir os incedios forestais no termo municipal xa que non se está a difundir a información de control.

"No pleno do mes de febreiro, exixiamos desde o BNG a publicación dun bando municipal lembrando a obriga de cumprir coas distancias entre plantacións e vías públicas, tal e como se recolle na instrución do 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galiza", explican.

Lembran que desde o Concello emitiuse un bando que foi "colocado nun número insuficiente de localizacións, pouco visíbel e cunha redacción entre complexa e confusa sobre as distancias que deben cumprirse para as plantacións de eucaliptos, piñeiros e acacias. Desde o BNG consideramos que existen multitude de recursos con información máis explícita, clara e concisa, como é o cadro que emitiu a Consellería de Medio Rural, no que aparecen delimitadas as distancias permitidas segundo o tipo de plantación e zonas".

Para o BNG é inadmisíbel que o Goberno Municipal non estea a utilizar todos os medios ao seu alcance como son a páxina web do concello, a prensa e as redes sociais, para difundir esta información e que chegue a toda a veciñanza; ou utilizar medidas como están a facer no concello de Ribadeo, efectuando a tala de eucaliptos ilegais daquelxs veciñxs que ignoraron todas as ordes que lles foron enviadas.

"A pesar de declarar Viveiro en situación de emerxencia climática no pleno de xullo do 2019, este é outro exemplo da pouca importancia que este Goberno demostra ante un tema tan importante como é o medioambiental" lamenta Miriam Bermúdez, "xa que faltan iniciativas propias do Concello en prol do medio ambiente e do coidado dos montes, e tampouco se aproveitan as axudas da Deputación de Lugo con esta fin", como vén sendo o programa "O que non arde" no que xa pedimos a adhesión do Concello ao mesmo e parecen que fixeron ouvidos xordos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14315009117126