O BNG insta á Xunta a cubrir o servizo médico no Centro de Saúde do Vicedo

AMariñaXa
CIG Saúde A Mariña di que actualmente "no Centro de Saúde de Viveiro non hai pediatras tódolos días. Hoxe venres non hai pediatra"
BNG Vicedo centro de saude
24 Nov 2023

O concelleiro do BNG no Vicedo, Miguel Gómez, xunto co deputado no Parlamento Daniel Castro e membros da formación na localidade fixeron públicas as iniciativas que levarán ao pleno que a corporación municipal vicedense celebra a próxima semana diante da grave situación á que o SERGAS está sometendo á poboación coa falta de médico e ao non cubrirse o servizo totalmente, xa que logo das protestas veciñais cubriuse parcialmente, tal como afirmou o portavoz do BNG no Vicedo, Gómez Fraga: “os veciños e veciñas estamos a sufrir as eivas da precaria situación que atravesa a nosa atención primaria coa falta de médico no noso centro de saúde, que só cubriron parcialmente, provocando graves inconvenientes á veciñanza que ven como non lles é posible facer trámites cotiáns e necesarios coma analíticas, receitas, tramitación de altas, consultas....”

Pola súa banda, o deputado mariñao Daniel Castro vén de rexistrar no Parlamento diversas iniciativas ao respecto, demandando  á Xunta de Galicia a cubrir o servizo de médico sempre e non parcialmente no Vicedo, así como ofrecer o servizo de pediatría de forma continuada no PAC de Viveiro, ao que está escrito o concello de O Vicedo.

Veciños de O Vicedo percorrendo a comarca na procura de atención sanitaria

Os representantes do BNG denunciaron tamén que nos últimos días os veciños e veciñas do Vicedo tiñan que  percorrer media comarca da Mariña en busca de atención, xa que, desde O Vicedo derívanos a Viveiro, mais a situación volvese repetir, xa que tampouco hai médicos, sendo o  seguinte paso  Burela, que sufre os efectos de que O Vicedo, Ourol e Viveiro teñan que colapsar o Hospital. “Queda claro que esta atención primaria non é de calidade e moito menos non é a que merecen os veciños dos tres concellos” afirmou Daniel Castro, que sinalou tamén que o PP segue a facer saltar polos aires a atención primaria en toda a comarca, destruíndo paulatinamente este servizo, e poñendo en risco a usuarios e profesionais.

Mobilización

Desde o BNG fan tamén un chamamento á poboación a participar na mobilización do vindeiro domingo día 26  ás 11.30 diante do Cento de Saúde de O Vicedo, convocada polo colectivo de asociacións do concello e máis pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña.

https://galiciaxa.com/2023/11/amxa/zonas-amxa/vicedo-amxa/240376/

https://galiciaxa.com/2023/11/amxa/zonas-amxa/viveiro-amxa/239768/

https://galiciaxa.com/2023/11/amxa/zonas-amxa/viveiro-amxa/237483/


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15705800056458