O BNG en Lourenzá presentou varias medidas para tentar axudar á veciñanza

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O grupo municipal do BNG en Lourenzá ven de presentar unha serie de medidas para tentar axudar a pasar a veciñanza co menor trastorno posible a crise creada polo coronavirus.
29 Mar 2020

O grupo municipal do BNG en Lourenzá ven de presentar unha serie de medidas para tentar axudar a pasar a veciñanza co menor trastorno posible a crise creada polo coronavirus.

Estas son medidas de informació e de voluntariado, coacreación dun rexistro de voluntarios que poidan ser útiles neste momento como psicólogos, traballadores e traballadoras sociais, estudantes ou profesionais de ramas sanitarias, etc.

Tamén medidas sociais como a implemetación de axudas de emerxencia ás familias para afrontar as necesidades ou o reforzo e ampliación de atención telefónica de urxencias sociais.

E por suposto medidas fiscais como facer un plan de aprazamento, fraccionamento ou condonación, (ata onde a lexislación permita) dos impostos, recibos e taxas en función das situación concretas de cada persoa ou empresa. Estudar a posta en marcha dun Plan de reactivación económica ou reforzar as Axudas de Emerxencia Social para evitar situacións de exclusión.

0.16678595542908