O BNG do Valadouro presenta unha candidatura con moitas incorporacións
O BNG vén de presentar a candidatura para a alcaldía de O Valadouro, candidatura con moitas e novas incorporacións co obxecto de liderar o goberno municipal para continuar avanzando no traballo iniciado desde a tenencia de alcaldía e desde as concellarías de cultura, obras e deporte, desde as que se situou ao concello como referencia en diversos ámbitos, coma no sector agrogandeiro ou nos eventos culturais e deportivos.
As novas persoas incorporadas na lista que acompañan aos actuais concelleiros Eduardo Chao e Eliseo Teijeiro, son a directora da escola infantil Rosa Fernández Eijo no número 3 e Beatriz Álvarez Expósito, educadora infantil no número 4. O axente de Medio Ambiente Pedro Rolle vai no número 7. Completan as novas incorporacións, Emilio Palmeiro, traballador dunha auxiliar de Alcoa e Iván Lozano traballador tamén da factoría. Mar Lorenzo, profesora de matemáticas, Pilar Pardo, delineante e Salvador Lourido, xubilado , completan a lista de novas incorporacions a esta candidatura de persoas comprometidas co Valadouro e que tén vocacion de goberno.
A lista completa é a seguinte:
- Eduardo Chao González
- Eliseo Teijeiro Orol
- Rosa María Fernández Eijo
- Beatriz Álvarez Sixto
- Jorge Vázquez Arteaga
- Eva Folgueira González
- Pedro Rolle Chaves
- Ruth Rodríguez Bermúdez
- Emilio José Palmeiro Rodríguez
Suplentes
- Iván Lozano Iglesias
- María del Mar Lorenzo González
- Carlos Cornide Pumares
- Pilar Pardo Pérez
- Xosé Luis Chao González
- Salvador Lourido Carreiras